8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres.

Grumico (Grupo de Persoas con Discpacidade da Coruña) súmase á loita contra a dobre discriminación que sufrimos tódalas mulleres asociadas polo feito de ser mulleres e ter unha discapacidade. Neste 8 de Marzo, as mulleres con discapacidade da Coruña, alzámola voz para esixir que se garanta: -A igualdade salarial. -A corresponsabilidade. -A inclusión escolar, laboral, familiar e social. -O dereito a unha vida autónoma e independente. -A accesibilidade universal. -Cambios na lexislación. -Que se incorpore o indicador da discapacidade tanto nas campañas de sensibilización como nas estatísticas. -Que se potencie unha imaxen real e positiva das mulleres e nenas con discapacidade.