GRUMICO SOCIEDADE DEPORTIVA

 

Polo dereito ao deporte con todas e todos e para todas e todos!

En GRUMICO S.D., asociación deportiva sen ánimo de lucro, fundada por persoas con discapacidade, atoparás un espazo para a práctica de actividades deportivas accesibles nas que poden participar todas as persoas, sen discriminar nin excluír a ningunha.

O deporte constitúe un estímulo para o desenrolo afectivo, físico e social ademais de ser un factor de equilibrio e auto realización, polo que, ademais de poder mellorar a nosa saúde bio-psico-social coa súa práctica, este vólvese un instrumento inclusivo de moito valor para nós.

QUEN PODE PARTICIPAR?

Calquera persoa interesada na práctica deportiva e que ademais queira desfrutar da diversidade social e o seu coñecemento.

QUÉ OFRECEMOS?

Principalmente actividades deportivas accesibles para todas e todos, das que poder beneficiarte buscando mellorar a túa calidade de vida e autonomía persoal, previndo así mesmo o sedentarismo e as enfermidades que del poidan derivarse.

Na actualidade e grazas ao proxecto Fomento do deporte solidario e inclusivo para o que contamos coa financiación da Fundación Emalcsa e o apoio do Concello de A Coruña, GRUMICO S.D. ten en marcha tres actividades deportivas nas que aínda podes inscribirte, estas son:

-TENIS DE MESA.

-BOXEO.

-ATLETISMO.

Se está interesado podes cumprimentar a ficha de petición de información ou ben contactarnos a través do correo grumicosd@grumico.com ou a través do teléfono 981.13.51.51.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize