Grumico (Grupo de Persoas con Discpacidade da Coruña) súmase á loita contra a dobre discriminación que sufrimos tódalas mulleres asociadas polo feito de ser mulleres e ter unha discapacidade.
Neste 8 de Marzo, as mulleres con discapacidade da Coruña, alzámola voz para esixir que se garanta:
-A igualdade salarial.
-A corresponsabilidade.
-A inclusión escolar, laboral, familiar e social.
-O dereito a unha vida autónoma e independente.
-A accesibilidade universal.
-Cambios na lexislación.
-Que se incorpore o indicador da discapacidade tanto nas campañas de sensibilización como nas estatísticas.
-Que se potencie unha imaxen real e positiva das mulleres e nenas con discapacidade.