VOLUNTARIADO

GRUMICO está rexistrada como ENTIDADE DE ACCIÓN VOLUNTARIA DE GALICIA e, como tal, leva a cabo diferentes programas de voluntariado (Se queres ser voluntaria/o diríxete ao apartado COLABORA)

Entre estes programas destacan:

  • Programa de Acompañamento Social.
  • Programa de Acompañamento no Servizo de Transporte Adaptado.

Como persoa asociada á nosa entidade, tes a posibilidade de solicitar o servizo de acompañamento dunha persoa voluntaria.

QUEN PODE ACCEDER?

Para solicitar este servizo debes estar asociado/a a GRUMICO; a demanda será avaliada polo servizo de Traballo Social.

QUE OFRECE?

  • Unha experiencia vital única e de crecemento persoal.
  • Dar a oportunidade ás persoas voluntarias e as persoas solicitantes de coñecer outras realidades e rachar coa rutina habitual.
  • Atopar un espazo de participación social onde compartir tempo e experiencias.
  • Adaptación ás necesidades das persoas voluntarias e solicitantes do servizo (Tipo de actividades, tempo, horario…)

Persoas de contacto:

A coordinación, apoio e seguimento realízase dende o Servizo de Traballo Social.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies