Polo dereito ao deporte con todas e todos e para todas e todos!
En GRUMICO S.D., asociación deportiva sen ánimo de lucro, fundada por persoas con discapacidade, atoparás un espazo para a práctica de actividades deportivas accesibles nas que poden participar todas as persoas, sen discriminar nin excluír a ningunha.
O deporte constitúe un estímulo para o desenrolo afectivo, físico e social ademais de ser un factor de equilibrio e auto realización, polo que, ademais de poder mellorar a nosa saúde bio-psico-social coa súa práctica, este vólvese un instrumento inclusivo de moito valor para nós.
QUEN PODE PARTICIPAR?
Calquera persoa interesada na práctica deportiva e que ademais queira desfrutar da diversidade social e o seu coñecemento.
QUÉ OFRECEMOS?
Principalmente actividades deportivas accesibles para todas e todos, das que poder beneficiarte buscando mellorar a túa calidade de vida e autonomía persoal, previndo así mesmo o sedentarismo e as enfermidades que del poidan derivarse.
Na actualidade e grazas ao proxecto Fomento do deporte solidario e inclusivo para o que contamos coa financiación da Fundación Emalcsa e o apoio do Concello de A Coruña, GRUMICO S.D. ten en marcha tres actividades deportivas nas que aínda podes inscribirte, estas son:
-TENIS DE MESA.
-BOXEO.
-ATLETISMO.
Se está interesado podes cumprimentar a ficha de petición de información ou ben contactarnos a través do correo grumicosd@grumico.com ou a través do teléfono 981.13.51.51.