A prioridade deste servizo é proporcionarche o máximo nivel posible de participación, autonomía e funcionalidade a nivel físico e psicosocial, a través do desenvolvemento da actividade terapéutica.
Poderás elexir tamén a modalidade de adestramento persoal, coa que acadarás o teu máximo potencial en canto a calidades físicas como son a forza, a resistencia ou a flexibilidade.
QUEN PODE ACCEDER?
Para acceder ao servizo terán preferencia aquelas persoas asociadas e os seus familiares.
POR QUE ELEXIRNOS?
A calidade do noso servizo reside nos seguintes aspectos:
- Un plan de tratamento totalmente personalizado que constará dunha valoración inicial, plantexamento de obxectivos, elaboración do plan de traballo, seguimento e avaliación continúa.
- Sesións individualizadas de 45 minutos.
- Dispoñemos de instalacións amplas e accesibles, o ximnasio está dotado dun completo material de rehabilitación.
- Servizo de transporte adaptado para entidades e persoas asociadas que teñan dificultades na súa mobilidade.
Profesional: Aránzazu Rey Súarez. Diplomada en Terapia Ocupacional (Universidade de A Coruña, 2010) e Licenciada en Ciencias da actividade física e o deporte (Universidade da Coruña, 2005) , con máis de 8 anos de experiencia no ámbito da discapacidade física.