Dende GRUMICO realizamos diariamente un servizo de Transporte Adaptado e acompañamento, mediante varios vehículos especialmente adaptados.
QUEN PODE ACCEDER?
Persoas asociadas que teñan mobilidade reducida e/ou dificultades para o uso do transporte público e que non poidan desprazarse a GRUMICO de forma autónoma.
QUE OFRECE?
-Vehículos especialmente adaptados e profesionais con experiencia.
–Desprazamentos dende o fogar ao local de GRUMICO, para a utilización dos servizos ou para a realización de actividades e obradoiros.
–Adecuación de horarios ás necesidades da persoa usuaria.
-Coordinación cos servizos da entidade.