TRABALLO SOCIAL

.

 

O servizo de Traballo Social é o canal de entrada na entidade, ofrecémosche unha atención social profesional e unha acollida próxima e amable.

Atoparás un espazo de apoio, escoita e acompañamento onde obter a información, orientación e asesoramento que precises sobre temas relacionados coa discapacidade, sobre servizos e recursos da túa comunidade e tamén sobre aqueles servizos que GRUMICO che pode ofrecer.

QUEN PODE ACCEDER?

Calquera persoa, a través dunha cita previa.

QUE OFRECE?

Atención social directa e personalizada.

Información, orientación e asesoramento a persoas con discapacidade, familias e outros entes públicos e privados.

Acollida, estudo do caso e valoración social. Realizarase intervención social e seguimento, no caso de ser preciso.

Coordinación con recursos e servizos doutras entidades e da comunidade.

Profesionais:

Coordinadora do servizo: Laura Presedo Crujeiras. Diplomada en Traballo Social (Universidade de Santiago de Compostela, 2004), Máster en Dependencia e Servizos Sociais (Universidade de A Coruña, 2007), Especialista en Mediación Familiar (Universidade de Santiago de Compostela, 2011), con máis de 10 anos de experiencia no ámbito da discapacidade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies