Dende o Gabinete de accesibilidade proporcionámosche información, orientación e asesoramento en relación a Accesibilidade Universal. Así mesmo, realizamos accións de concienciación e sensibilización relacionadas con esta materia.
QUEN PODE ACCEDER?
-A nivel particular aquelas persoas asociadas a GRUMICO.
-Para unha información inicial, calquera persoa física ou xurídica.
QUE OFRECE?
-Accións de concienciación e formación en materia de accesibilidade.
-Información e asesoramento en materia de accesibilidade.
–Asesoramento aos técnicos/as de entidades públicas ou privadas en relación a espazos, bens e/ou servizos en materia de accesibilidade.
–Titorización e seguimento de reclamacións en materia de accesibilidade, exclusivamente a socios/as.
–Emisión de denuncias ante a administración por motivo de irregularidades no cumprimento da normativa vixente e en materia de accesibilidade, tanto no ámbito público como no privado.
O equipo de traballo está constituído polo equipo de traballo social, a avogada Marta Núñez, colaboradora voluntaria e socia da entidade, e o representante do Gabinete de accesibilidade, arquitecto voluntario e socio da entidade, Francisco Carreira Roca, cuxa dobre visión da realidade aporta un valor engadido. Así mesmo representa á nosa entidade como coordinador do GAC (Grupo de Acceso Coruña) no que participan diferentes entidades do Concello de A Coruña, asesorando ao persoal técnico e a representantes políticos do Concello de A Coruña en materia de Accesibilidade Universal.