POR QUE FACERTE VOLUNTARIO/A?
Pensaches algunha vez en realizar tarefas de voluntariado e non saber como nin onde?
GRUMICO como entidade de acción voluntaria, rexistrada como tal na Xunta de Galiza, ofréceche a posibilidade de axudar de diferentes formas, adaptadas ao teu interese e dispoñibilidade, a través dos seguintes programas:
-Programa de “acompañamento social e transporte adaptado”.
-Programa “o valor da túa experiencia”. Para a nosa entidade será moi importante todo aquelo que poidas aportar dende a túa experiencia profesional ou persoal. Concretamente precisamos especial apoio en aspectos relacionados coa comunicación, redes sociais, deseño gráfico, fotografía e produción de materiais audiovisuais.
Poderás solicitar o teu certificado no momento que o desexes.
A través destes programas de voluntariado pretendemos involucrar as persoas que así o desexen no noso proxecto social. Todos e todas tedes moito que aportar.
Esperámoste!
COMO FACERTE VOLUNTARIO/A?
Contacta con nós:
-Sen compromiso algún poderás solicitar unha cita informativa co departamento de traballo social.
-Correo electrónico: trabajosocial@grumico.com
-Teléfono: 981135151.
-Local social: C/ Rafael Alberti, nº10, baixo, A Coruña (zona fonte das Paxariñas).