A fisioterapia contribúe a mellorar a túa calidade de vida, así como a túa funcionalidade e independencia.
QUEN PODE ACCEDER?
Para acceder ao servizo terán preferencia aquelas persoas asociadas e os seus familiares.
POR QUE ELEXIRNOS?
A calidade do noso servizo de Fisioterapia reside nos seguintes aspectos:
- Un plan de tratamento totalmente personalizado que constará dunha valoración inicial, plantexamento dos obxectivos, elaboración do plan de tratamento, seguimento e avaliación continua.
- Sesións individualizadas de 45 minutos.
- Dispoñemos de instalacións amplas e accesibles, o ximnasio está dotado dun completo material de rehabilitación.
- Servizo de transporte adaptado para entidades e persoas asociadas que teñan dificultades na súa mobilidade.
Profesional: Diana Maritza Cruz Chimbi. Diplomada en Fisioterapia (Universidade Manuela Beltrán, Colombia, 1999); Experta en Terapia Manipulativa Articular (Universidade de A Coruña 2004); Experta en Fisioterapia Neurolóxica (Universidade de A Coruña, 2008) e con mais de 15 anos de experiencia no ámbito da discapacidade física.