QUEN SOMOS?

GRUMICO (Grupo de Persoas con Discapacidade da Coruña) somos unha asociación sen ánimo de lucro dende onde traballamos pola defensa dos dereitos e intereses das persoas con discapacidade para unha plena inclusión nos diversos ámbitos da nosa sociedade. 

Somos unha entidade próxima e amable, na que poderás atopar o teu espazo de encontro e participación.

Ademais desfrutarás dos seguintes beneficios:

  • Servizos terapéuticos por unha cota mínima.
  • Obradoiros e actividades de lecer gratuítas.
  • Apoio emocional e crecemento persoal.
  • Actividades deportivas.

A misión, a visión e os principios e valores constitúen os tres elementos definitorios da identidade de GRUMICO. Éstos teñen un alto poder estratéxico xa que enmarcan o eido de actuación e os criterios éticos e morais cos que actuará. Polo tanto, como é lóxico, o Plan Estratéxico débese orientar ao cumprimento da misión e da visión, respectando en todo momento o marco de principios e valores cos que a entidade se identifica.

Misión

Como xa se expuxo con anterioridade, GRUMICO, Grupo de Persoas con Discapacidade física da Coruña, é unha asociación sen ánimo de lucro que loita por defender os intereses das persoas con discapacidade física, ao mesmo tempo que ofrece unha serie de servizos adecuados ás necesidades das persoas asociadas na Coruña.

Visión

GRUMICO quere ser recoñecida como unha organización de referencia no seu eido de actuación (Coruña e arredores) pola súa capacidade de reivindicación dos dereitos das persoas con discapacidade física. Por isto, pon a disposición das persoas asociadas a un grupo de profesionais que se encarga de realizar as actividades e de levar a cabo os servizos que se ofrecen, nos mellores termos de calidade.

Valores

Os valores e principios polos que se caracteriza a asociación e que haberá que seguir potenciando no futuro son:

  • compromiso coas persoas asociadas, coa sociedade e a promoción da participación social.
  • Obxectividade e xustiza no trato coas persoas asociadas, familias, profesionais da entidade e en xeral con todos os axentes cos que se relacionan.
  • empatía e honestidade coas persoas coas que se trata.
  • A calidade dos servizos e a profesionalidade dos/as traballadores/as.
  • A capacidade de traballo en equipo dos/as profesionais da entidade.
  • entusiasmo e ilusión por traballar e mellorar cada día.
  • colaboración e coordinación con outras entidades e administracións.
  • sinceridade e transparencia na xestión e administración da entidade.
  • independencia respeto aos órganos de goberno e a súa ideoloxía.
  • integridade da entidade en relación co cumprimento dos principios e valores descritos anteriormente.

Porque a unión fai a forza, necesitamos o teu apoio para así dar visibilidade á nosa situación e loitar polo cumprimento dos nosos dereitos.

Esperámoste!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies