ENTIDADES AMIGAS

Dende GRUMICO consideramos que é moi importante coñecer todos os recursos que existen na nosa comunidade, aproveitando sinerxias, anudando esforzos e traballando para fortalecer o tecido asociativo. Para elo colaboramos con diferentes entidades da nosa comunidade:

  • Somos entidade membro de COGAMI Confederación Galega de Persoas con Discapacidade dende 2014. O seu obxectivo e conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e a promoción do seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos.
  • Convenios de colaboración con diferentes entidades do ámbito da discapacidade cos que pretendemos promover o máximo aproveitamento dos servizos profesionais e das actividades que se ofrecen en cada unha delas:
  • ASEM Galicia, Asociación Galega de enfermidades neuromusculares. O seu obxectivo principal é a promoción de toda clase de accións e información destinadas a mellorar a situación das persoas afectadas por enfermidades neuromusculares, as súas familias e o entorno social.
  • MAYORES, levando a cabo a través dun convenio o seu transporte adaptado.

Compromiso de colaboración en diferentes proxectos con entidades do ámbito cultural, a través da Convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación EMALCSA:

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies