Obradoiro de Educación Emocional: CINEFORUM

O sábado 26 de Maio de 12:00 a 14:00 en Grumico,  como parte do Obradoiro de Educación Emocional, temos preparado unha estupenda sesión de cine.

A película que imos ver “Del revés” (Inside Out), é unha orixinal e premiado película de animación producida por Pixar, da factoría Disney, dirixida por Pete Docter e Ronnie Del Carmen, adéntrase nas emocións de Riley, a súa simpática protagonista.

Hasta o de agora, a vida de Riley estivo marcada sobre todo pola Alegría, pero a raíz dun cambio importante, a súa vida verase tamén afectada por outro tipo de emocións. O que Riley non entende moi ben é por qué motivo ten que experimentar a Tristeza. A película comeza como unha simpática comedia cun universo propio moi ben definido e cunhas personaxes interesantes aos que pronto se lles colle cariño, a medida que avanza polas cinco emocións que definen a personalidade de Riley: a Alegría, a Tristeza, o Medo, a Ira ou o Asco. O guión ofrece unha apaixonante e moi entretida análise desa etapa na vida na que as cousas se complican tras a infancia, algo que a película basa no feito de que Riley ten que mudarse e empezar unha vida prácticamente desde cero. Un feito nada novedoso para moitas familias que, sen embargo, transfórmase nunha trepidante aventura repleta de momentos cómicos e situacións que chegan ao corazón e que en determinados momentos fan que a moitos se lles salten as bágoas, hasta que finalmente Riley chega a aceptar as distintas emocións que compoñen a sía personalidade.

Posteriormente a proxección, faremos un coloquio para reflexionar acerca de cómo nos inflúen as emocións, de qué forma éstas participan no noso trato cos demais e toma de decisións e finalmente, qué valores esenciais poden extraerse desta apaixoante historia.

¡Esperámosvos!

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará

*

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies