DECLARACIÓN ENTIDAD DE UTILIDAD PÚBLICA
O 21 de maio do 2019 GRUMICO foi declarada oficialmente ENTIDADE DE UTILIDADE PÚBLICA, o que para nós resulta gratificante pois é reflexo do bo facer e a transparencia da nosa asociación.
Política de calidade
A principal orientación de GRUMICO é ser recoñecida pola súa calidade entre as asociacións sen ánimo de lucro cuxo obxectivo sexa defender a igualdade de dereitos e a inclusión en todos os ámbitos da sociedade das persoas con discapacidade, contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida, autonomía persoal e independencia.
Isto lograrase a través de:
- A consideración do contexto da organización e a alineación do Sistema de Xestión de Calidade en relación ao plan estratéxico da entidade.
- A satisfacción do/a usuario/a e requisitos legais e regulamentarios aplicables.
- A Xestión da organización xunto cos obxectivos para os/as empregados/as e as responsabilidades definidas para o seu cumprimento.
- O establecemento, aplicación, mantemento e mellora continua da eficacia do Sistema de Xestión de Calidade ISO 9001:2015.
- A mellora continua da satisfacción do/a usuario/a.
- O seguimento e a aplicación de novas tecnoloxías e capacitación dos/as empregados/as.
- A selección controlada de proveedores/as.
- O compromiso para elevar a calidade do servizo e para superar as expectativas dos/as usuarios/as.
- A mellora continua como parte do traballo cotiá.
- Unha política e Manuais de procedementos que reflictan o que realmente facemos.
- A mellora permanente do Sistema de Xestión de Calidade en todas as etapas: aceptación da persoa como socia de GRUMICO, valoración e seguimiento por parte do departamento de traballo social, derivación aos servizos de rehabilitación naqueles casos nos que se considere conveniente, valoración e seguimento dos/as usuarios/as do servizo de rehabilitación, participación en actividades da entidade, etc.
- Un marco de traballo para establecer os obxectivos de calidade definido no Manual de Calidade.
Neste caso, o Presidente de GRUMICO será o responsable de comunicar a Política de Calidade a todas as persoas que traballan para a asociación ou no nome desta, poñéndoa tamén a disposición do público.
Presidente
Francisco Javier Mouriño Grandío