Actualidad

60 entradas

Obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación

O próximo Xoves día 9 de novembro en horario de mañán de 09.30-13.30 contaremos na sede social de GRUMICO coa oportunidade de realizar gracias aos compañeir@s de ACOPROS, Asociación coruñesa de promoción del sordo, un «Taller de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación»  O taller consistirá nunha sesión de 4h na que se abarcá unha aproximación a Lingua de Signos con vocabulario básico e estratexias de comunicación con persoas con discapacidade auditiva. Ademáis contaremos coa colaboración da compañeira de ACOPROS Fátima, audioprotesista, que nos mostrará os medios de apoio á comunicación, uso e funcionamiento deles. As plazas do taller son limitadas polo que a adxudicación farase por riguroso orde de inscripción. Para inscribirvos podedes ou ben enviar un correo a trabajosocial@grumico.com indicando o voso interese en participar no taller e os vosos datos persoais nome, apelidos e número de teléfono de contacto ou ben chamar ao 981.13.51.51.  

DIVERSIDARTE

Festival das Artes 2017 pola inclusión e a diversidade Do 3 ao 17 de Novembro GRUMICO volta a participar neste festival das artes expoñendo as pezas de xoiaría feitas á man polos alumnos/as da Escola de xoiaría e expoñendo tamén os cadros pintados á man polos alumnos/as do taller de pintura, no local de hostelería Miss Maruja (Rúa Zalaeta, 20- A Coruña). Cada unha das fermosas pezas levadas a exposición é única e conta tras de sí cunha historia de traballo e de loita pola igualdade de oportunidades. Non o dubidedes e achegadevos a contemplala exposición!