Xunta Directiva

COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

A asociación está xestionada e representada pola Xunta Directiva, formada polos/as seguintes membros:

PRESIDENTE

Francisco Javier Mouriño Grandío

Co obxectivo de achegar a súa longa experiencia no ámbito do movemento asociativo comeza a formar parte da Xunta Directiva de GRUMICO no ano 2013 como vicepresidente, alcanzando no 2014 a presidencia da entidade tras a fundación e dirección anteriormente de GRUMICO Sociedade Deportiva desde 2007 ata 2015.

Durante os anos 2004-2005 estivo á fronte da dirección de ASMICA (Asociación de minusválidos de Cambre).

No ano 2016 comeza a súa andaina noutro proxecto profesional como xerente do Centro Especial de Emprego I- LAB.

Da súa formación académica destacar o Ciclo Superior en Proxectos de instalacións térmicas e de fluídos e a súa paixón polos animais, obtendo o título de adestrador canino.

VICEPRESIDENTE

Plácido López García

Comezou a súa andaina no movemento asociativo como vogal de GRUMICO SOCIEDADE DEPORTIVA , na actualidade e desde maio do 2019 ostenta o cargo de vogal na Xunta Directiva de GRUMICO.

Traballou para COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) como empregado de Kiosko. Despois de finalizar o curso de xoiería impartido por GRUMICO empezou a traballar como xoieiro artesán en I-LAB Centro Especial de Emprego, onde continúa na actualidade.

SECRETARIA

Begoña Castro Iglesias

Co obxectivo de canalizar a súa experiencia persoal e profesional empezou a formar parte do movemento asociativo como Presidente de GRUMICO SD (GRUMICO SOCIEDADE DEPORTIVA) no ano 2015 e como vogal de GRUMICO no ano 2017. Actualmente ostenta o cargo de secretaria da entidade.

Paralelamente á súa implicación con estas entidades sen ánimo de lucro, desenvolve a súa actividade profesional como xoieiro artesán en I- LAB Centro Especial de Emprego.

TESOUREIRO

Ángel Caamaño Cernadas

VOGAL

María del Rosario Prado Seoane

Empezou a implicarse dunha maneira máis activa no movemento asociativo no ano 2018 como vogal de GRUMICO.
 

VOGAL

Agustín Vázquez Romero

VOGAL

Javi Costa