Nós

Comprometidos coa inclusión, impulsados polas persoas

GRUMICO é unha asociación sen ánimo de lucro formada por e para persoas con discapacidade física na Coruña. Defendemos os seus dereitos, impulsamos a súa participación e traballamos por unha sociedade máis inclusiva desde 1983.

Máis que unha entidade, somos un punto de encontro: un espazo próximo, accesible e humano onde atoparás apoio, comunidade e oportunidades para crecer. Aquí, cada persoa conta.

Coñece ás nosas profesionais

Patricia Bernárdez González

Administrativa

Diana Cruz Chimbi

Fisioterapeuta

Lorena Pasadín Valeiro

Psicóloga

María Paz Taboada

Traballadora Social

Arancha Rey Suárez

Tarapeuta Ocupacional

Cambiamos vidas, paso a paso

Detrás de cada paso hai unha historia, un esforzo compartido para construír un presente máis digno e un futuro con máis oportunidades para todos.

Defensa de Dereitos

Representamos e defendemos os dereitos das persoas con discapacidade para lograr unha sociedade máis inclusiva, xusta e accesible.

Atención e Apoio Persoal

Acompañamos de forma próxima e profesional, ofrecendo orientación adaptada a cada persoa en distintos momentos da súa vida.

Servizos Terapéuticos

Ofrecemos terapias accesibles, personalizadas e de calidade para coidar a saúde física e emocional das persoas asociadas.

Ocio e Participación Social

Promovemos actividades culturais, talleres e saídas para gozar do tempo libre e fortalecer os vínculos sociais.

Formación e Emprego

Facilitamos formación práctica e apoio ao emprego como vía de inclusión, autonomía e desenvolvemento persoal.

Deporte Adaptado

Impulsamos o deporte como ferramenta de saúde, motivación e participación activa en comunidade.

Persoas reais, propósitos firmes

Cremos nunha sociedade inclusiva onde as persoas con discapacidade vivan cos mesmos dereitos e oportunidades que calquera outra.
 

Traballamos con compromiso, empatía e profesionalidade.

Escoitamoss, acompañamos e actuamos con cercanía.

Sempre enfocados en mellorar a vida das persoas.

Anímaste a colaborar co teu tempo?