Compromiso de Calidade
DECLARACIÓN ENTIDADE DE UTILIDADE PÚBLICA
O 21 de maio de 2019 GRUMICO foi declarada oficialmente ENTIDADE DE UTILIDADE PÚBLICA, o que para todos/as nós/resúltavos gratificante pois é reflexo do bo facer e a transparencia da nosa asociación.
Política de calidade
A orientación básica de GRUMICO é ser recoñecida pola súa calidade entre as asociacións sen ánimo cuxo obxectivo é defender a igualdade de dereitos e inclusión en todos os ámbitos da sociedade das persoas con discapacidade contribuíndo a mellorar a súa calidade de vida, autonomía persoal e independencia.
- Consideración do contexto da organización e aliñación do Sistema de Xestión de Calidade en relación ao plan. estratéxico da entidade.
- Satisfacción do usuario e requisitos legais e regulamentarios aplicables.
- Xestión da organización xunto cos obxectivos para os empregados e as responsabilidades definidas para o seu cumprimento.
- Establecemento, aplicación, mantemento e mellora continua da eficacia do Sistema de Xestión de Calidade ISO 9001:2015.
- Mellora continua da satisfacción do usuario.
- Seguimento e aplicación de novas tecnoloxías e capacitación dos empregados.
- Selección controlada de proveedores.
- Compromiso para elevar a calidade do servizo para superar as expectativas dos usuarios.
- Facendo que a mellora continua sexa parte do traballo diario.
- Asegurando que a nosa Política e os nosos Manuais de procedementos que reflicten o que realmente facemos.
- Comprendendo como encaixa a nosa tarefa no fluxo xeral de traballo de GRUMICO.
- Mellorando permanentemente o Sistema de Xestión de Calidade en todas as etapas: aceptación da persoa como socia de GRUMICO, valoración e seguimento por parte do departamento de traballo social, derivación aos servizos de rehabilitación naqueles casos nos que se considere conveniente, valoración e seguimento dos usuarios do servizo de rehabilitación, participación en actividades da entidade etc.
- O marco de traballo para establecer os obxectivos de calidade defínese no Manual de Calidade.
- Dar maior visibilidade ao colectivo de mulleres con discapacidade. Aumentar a participación das mulleres con discapacidade na toma de decisións relacionadas co exercicio dos seus dereitos.
- Promover a plena inclusión laboral, familiar e social das mulleres participantes.
- Coñecer a percepción das mulleres con discapacidade da súa propia situación para poder levar a cabo unha correcta intervención.
- Dar a coñecer os recursos do seu contorna e fomentar a súa utilización de maneira aautónoma.
- Mellorar o desempeño das actividades básicas da vida diaria como vestido, alimentación, aseo e deslazamientos, para realízao da maneira máis autónoma posible cos apoios necesarios.
- Identificar e eliminar as barreiras físicas e mentais coas que se atopan as mulleres con discapacidade no seu día a día e que dificultan a súa plena inclusión.
- Promover a lexislación adecuada que mellore a situación do colectivo.
- Reunir e difundir información xeral e especializada sobre os problemas da muller con discapacidade.
- Fomentar a participación das mulleres con discapacidade nos diferentes servizos e actividades da entidade así como na súa propia comunidade.
- Fomentar a presenza dos órganos de dirección da entidade.
- Utilización de linguaxe non sexista en todas as comunicacións da entidade.
- Rexeitar colectivamente a violencia de xénero e calquera outra violencia machista.
- Promover modelos alternativos de convivencia, inclusivos das diversidades existentes en Igualdade.
Desde GRUMICO establecemos na nosa entidade compromisos a partir dos cales poder facer unha entidade máis igualitaria e libre de violencias machistas. Para iso primeiro fixemos un diagnóstico para saber en que formas se manifestan a violencia contra as mulleres ou a desigualdade na nosa entidade tanto nas persoas traballadoras como nas persoas usuarias. Despois disto consideramos as situacións de múltiple discriminación asociadas á confluencia das diversidades, e de como dita interseccionalidade pode agravar o problema das violencias machistas; máxime entre as mulleres e nenas con diversidade funcional/sensorial, que non encaixen nos patróns preestablecidos de comportamento heterosexual e/o procedentes doutras culturas/territorios. Actualmente estamos a traballar na folla de roteiro para rexistrar os diferentes datos e actuacións para realizar o estudo e avaliación.
Presidente:
Francisco Javier Mouriño Grandío