GRUMICO realiza Obradoiro de Educación Emocional

O vindeiro sábado 28 de xullo, realizaráse en GRUMICO a última sesión do Obradoiro de Educación Emocional antes das vacacións, pechamos o Bloque de Conciencia Emocional con novos conceptos que nos axudarán a entender cómo se desenvolve o noso mundo emocional.   Trataremos a expresión das emocións, imprescindible para comunicarnos e predecir a conduta dos demáis. Ubicaremos as emocións que xa coñecemos en un mapa que nos permita comprender quén somos e cómo interactuamos.   Para seguir co retrato do que sucede no noso interior, destacaremos o poder da nosa mente emocional sobre a racional. Reflexionaremos acerca de cómo o desenvolvemento da nosa máis poderosa ferramenta, o noso cerebro, inflúe nas nosas emocións e no comportamento human.   Anímate a participar! Esperámosvos a todxs no Obradoiro e aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións!

Necesitamos voluntariado

  Queres ser voluntari@? En GRUMICO necesitamos reforzar o noso voluntariado! Achégate e infórmate sobre os programas que levamos a cabo na entidade 🙂