Dende GRUMICO celebramos hoxe o día internacional da discapacidade desexando crear entre todos e todas un espazo de convivencia, libre e sen barreiras, porque por enriba de todo está o valor do ser humano. A esencia do ser humano é o espírito e o espírito non ten discapacidade. SOMOS E SUMAMOS! Feliz día!  

Campaña #ARRESTÓPOLIS pola accesibilidade universal.

  GRUMICO PARTICIPARÁ NA CAMPAÑA  #ARRESTÓPOLIS CONCENTRACIÓN POLA ACCESIBILIDADE NA VIVENDA Día e hora: Mércores, 28 de novembro ás 11:00 h. Lugar: A Coruña, Zona do Obelisco. Convoca: COCEMFE, haberá concentracións simultáneas en todo o territorio nacional. A falta de accesibilidade en edificios de vivendas crea graves dificultades ou impide a moitas persoas con mobilidade reducida saír da súa propia casa, por este motivo COCEMFE está a organizar concentracións simultáneas, dentro da campaña #Arrestópolis e pretende o compromiso das diferentes forzas políticas para reformar a Lei de Propiedade Horizontal e se recoñeza a obrigatoriedade da realización das obras para a accesibilidade universal nos edificios de vivendas. NON PODES FALTAR PORQUE XUNTOS SUMAMOS!