OBRADOIRO DE INTRODUCCIÓN Ó MINDFULNESS.

Do día 2 de outubro ao 13 de Novembro impartiremos en Grumico o Obradoiro de Introducción ó Minfulness impartido pola nosa Traballadora Social Laura Presedo Crujeiras, instructora de Mindfulness. BMIT 2018. Quietud Mindfulness Center. Animádevos a participar!! é unha oportunidade única!!!.

Reunión coa Alcaldesa de A Coruña e o Concelleiro de Urbanismo

Onte 23 de xullo tivo lugar o primeiro encontro entre GRUMICO e a nova corporación municipal de A Coruña, a Alcaldesa Inés Rey e o Concelleiro de Urbanismo e mobilidade Juan Manuel Díaz xunto con  representantes da Directiva e persoal técnico da entidade falaron  da necesidade de dar continuidade e apoio aos proxectos que xa están en marcha e sobre a posibilidade  de abrir novas vías de colaboración. Estamos segurxs de que está reunión terá resultados moi positivos para contribuír ao benestar das persoas con discapacidade que viven, traballan e/ou visitan a cidade de A Coruña.