Foro social de entidades

O pasado 5 de xullo as nosas/os compañeiras/os Ángela, Lucía, Fran e Vicky acudiron ó segundo Foro de Entidades Sociales, organizado por Poten100mos. Neste Foro, puxemos en común os requerimentos e necesidades que atopamos dentro das nosas entidades e tamén presentamos recursos e proxectos co fin de crear sinerxias e futuras colaboracións.  

Día do deporte na rúa

O pasado domingo compartimos unha estupenda xornada deportiva na XXXI Edición do deporta na rúa e na praia, convidando as persoas participantes a desfrutar do tenis de mesa e do boxeo, actividades enmarcadas no proxecto deporte solidario coa colaboración da Fundación Emalcsa. Agradecer inmensamente a Luis Suárez Santos e o fabuloso equipo da Escola Azteca Box que nos acompañarán neste proxecto e tamén unha especial mención a Marta Brañas, gracias Marta pola túa colaboración e dispoñibilidade foi un auténtico pracer e orgullo para nós terte como monitora neste día. Un luxo compañeirxs desfutar do deporte ao voso lado!! GRACIAS a todas as persoas participantes na XXXI Edición do deporte na rúa e na praia, foi un pracer compartir unha xornada deportiva na que brillou a inclusión e o deporte. Gracias tamén ao equipo de tenis de mesa do Clube Grumico Sociedad Deportiva pola vosa colaboración. Somos e sumamos!! 🙂