Concurso de arte inclusivo ” O sorriso do chimpancé”

  Dende GRUMICO queremos felicitar ao noso socio José Emilio Gantes Pérez que resultou gañador do 2º premio, no concurso de arte inclusivo “O Soriso do chimpancé”.  As nosas felicitacións diríxense tamén a todas e todos os participantes, os traballos foron excelentes! O premio foi recollido, con orgullo por Samuel Castro, profesor do Taller de Pintura. Dende GRUMICO queremos destacar o seu esforzo e dedicación. Gracias Samuel! A Exposición unitaria e premios foron organizados pola asociación POTEN100MOS, esta actividade se engloba dentro da PLATAFORMA DIVERSIARTE que realiza numerosas actividades relacionadas co arte e a diversidade. Porque todo traballo ten a súa recompensa, non podemos parar!    

GRUMICO realiza Obradoiro de Educación Emocional

O vindeiro sábado 28 de xullo, realizaráse en GRUMICO a última sesión do Obradoiro de Educación Emocional antes das vacacións, pechamos o Bloque de Conciencia Emocional con novos conceptos que nos axudarán a entender cómo se desenvolve o noso mundo emocional.   Trataremos a expresión das emocións, imprescindible para comunicarnos e predecir a conduta dos demáis. Ubicaremos as emocións que xa coñecemos en un mapa que nos permita comprender quén somos e cómo interactuamos.   Para seguir co retrato do que sucede no noso interior, destacaremos o poder da nosa mente emocional sobre a racional. Reflexionaremos acerca de cómo o desenvolvemento da nosa máis poderosa ferramenta, o noso cerebro, inflúe nas nosas emocións e no comportamento human.   Anímate a participar! Esperámosvos a todxs no Obradoiro e aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións!