Obradoiro de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación

O próximo Xoves día 9 de novembro en horario de mañán de 09.30-13.30 contaremos na sede social de GRUMICO coa oportunidade de realizar gracias aos compañeir@s de ACOPROS, Asociación coruñesa de promoción del sordo, un “Taller de Comunicación Básica en Lingua de Signos e Medios de apoio á comunicación”  O taller consistirá nunha sesión de 4h na que se abarcá unha aproximación a Lingua de Signos con vocabulario básico e estratexias de comunicación con persoas con discapacidade auditiva. Ademáis contaremos coa colaboración da compañeira de ACOPROS Fátima, audioprotesista, que nos mostrará os medios de apoio á comunicación, uso e funcionamiento deles. As plazas do taller son limitadas polo que a adxudicación farase por riguroso orde de inscripción. Para inscribirvos podedes ou ben enviar un correo a trabajosocial@grumico.com indicando o voso interese en participar no taller e os vosos datos persoais nome, apelidos e número de teléfono de contacto ou ben chamar ao 981.13.51.51.  

DIVERSIDARTE

Festival das Artes 2017 pola inclusión e a diversidade Do 3 ao 17 de Novembro GRUMICO volta a participar neste festival das artes expoñendo as pezas de xoiaría feitas á man polos alumnos/as da Escola de xoiaría e expoñendo tamén os cadros pintados á man polos alumnos/as do taller de pintura, no local de hostelería Miss Maruja (Rúa Zalaeta, 20- A Coruña). Cada unha das fermosas pezas levadas a exposición é única e conta tras de sí cunha historia de traballo e de loita pola igualdade de oportunidades. Non o dubidedes e achegadevos a contemplala exposición!

Excursión Feira das Fabas de Ponteceso

O próximo Sábado 28 de outubro ímonos  a XXVIII Feira das Fabas a Ponteceso, onde pasaremos unha animada xornada festiva desfrutando da gastronomía e o lugar. Anímaste? Para anotarte contacta con nós no correo trabajosocial@grumico.com ou ben no teléfono 981.13.51.51  

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

O próximo luns 16 de outubro  e ata o 18 de decembro en horario de 17:00-19:00, comezamos un Novo Obradorio de FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA, na sede social de GRUMICO.   Infórmate no correo trabajosocial@grumico.com ou ben no teléfono 981.13.51.51 Date présa aínda quedan plazas dispoñibles!

GÚSTANCHE AS MANUALIDADES E A RECICLAXE?

Anímate e ven a coñecer o próximo Mércores día 11 de outubro o NOVO TALLER DE ARTESANÍA que pomos en marcha na sede social de GRUMICO. (Gratuito para soci@s e familiares) O docente Faustino Martínez conta con un blog moi interesante que podes visitar a través do seguinte enlace para saber máis acerca das pezas que se deseñarán no taller. https://artesaniafaustinomartinez.wordpress.com/   Para anotarte contacta co departamento de traballo social da entidade a través do correo trabajosocia@grumico.com ou ben no teléfono 981.13.51.51  

GÚSTACHE A PINTURA E QUERES EXPLORAR A TÚA VENA MÁIS ARTÍSTICA?

Tódolos Martes e Xoves  de 17:00 a 19:00 na sede social de GRUMICO, CLASES DE PINTURA impartidas por Samuel Castro.   Para anotarte contacta co departamento de traballo social da entidade a través do correo trabajaosocial@grumico.com ou ben chamando ao 981.13.51.51

DÍA DO VOLUNTARIADO EN GRUMICO

Animada xornada de portas abertas para festexar o día do voluntariado en Grumico. Ven a coñecer a entidade, os programas de voluntariado que levamos a cabo e disfruta do festexo con pinchos, música, espectáculo de maxia e mais sorpresas. Non agardes a que cho conten e pásate!