Obradorio de Educación Emocional: Emocións básicas

O 28 de febreriro, terá lugar en GRUMICO o terceiro Obradoiro de Educación Emocional: Emocións básicas. Estes obradoiros gratuitos, desenvoleránse cunha frecuencia dun sábado ao mes en horario de 12:00h a 14:00h. Neste obradoiro, como parte do Bloque de Conciencia Emocional, falaremos das emocións básicas, cales son e como podemos clasificalas, posto que o primeiro paso para saber xestionalas é saber nomealas e coñecer o xeito no que se estruturan. Entenderemos cal foi a súa función para a nosa supervivencia como especie e como afectan ao noso día a día. Esperámosvos!