Gracias I-Lab

Moitas gracias a I-Lab Centro Especial de Empleo S.L., por embelecer o noso stand coa vosa artesanía e fomentar a inclusión social e laboral. Gracias pola aportación e polo voso tempo!

Gracias por axudar a Grumico!

Estamos moi contenxs de comunicarvos que a Campaña de Captación de Fondos “Temos  2 días” foi todo un éxito e que acadamos o obxectivo proposto. Non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas aquelas persoas que ofreceron o seu tempo, as súas ganas e os seus ánimos para poder facer isto posible, tanto a traballadores/as como socios/as, voluntarios/as, amigos/as e familiares. Gracias a todos e todas vós non só poderemos mellorar os servizos prestados por Grumico, senon tamén  mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade. Durante estes dous días, tivemos o pracer de dar a coñecer a nosa asociación e darlle visibilidade na sociedade coruñesa da man das persoas que formades parte dela. Esta asociación e tanto nosa coma vosa e queremos facervos partícipes do éxito que conleva tanto esforzo, demostrando a vosa implicación por esta causa na procura dun mundo máis xusto e igualitario para as persoas con discapacidade. Gracias de todo corazón, esperamos volver contar con vós en próximas campañas!!