“Educando na diversidade”

Finalizamos as nosas actividades de concienciación “Educando na diversidade” no Concello de Curtis Moitas gracias a todas aquelas persoas que o fixestes posible. En especial ao Concello de Curtis, ao persoal docente dos Colexios de Curtis e Teixeiro e por suposto aos rapaces e rapazas participantes. A vosa infinita curiosidade e alegría fan que calquera esforzo mereza a pena. Estamos encantadas de compartir con vós coñecementos, inquietudes e risas. Esperamos que por medio da educación dos homes e mulleres do futuro fagamos un mundo máis xusto e igualitario. Até a próxima!

Gracias Space Food Company

O noso sincero agredecemento a Space Food Company por endulzar a Campaña “Temos 2 días”. Sen a súa desinteresada aportación cos doces máis saudables do planeta non sería o mesmo!