Gracias por axudar a Grumico!

Estamos moi contenxs de comunicarvos que a Campaña de Captación de Fondos “Temos  2 días” foi todo un éxito e que acadamos o obxectivo proposto. Non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas aquelas persoas que ofreceron o seu tempo, as súas ganas e os seus ánimos para poder facer isto posible, tanto a traballadores/as como socios/as, voluntarios/as, amigos/as e familiares. Gracias a todos e todas vós non só poderemos mellorar os servizos prestados por Grumico, senon tamén  mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade. Durante estes dous días, tivemos o pracer de dar a coñecer a nosa asociación e darlle visibilidade na sociedade coruñesa da man das persoas que formades parte dela. Esta asociación e tanto nosa coma vosa e queremos facervos partícipes do éxito que conleva tanto esforzo, demostrando a vosa implicación por esta causa na procura dun mundo máis xusto e igualitario para as persoas con discapacidade. Gracias de todo corazón, esperamos volver contar con vós en próximas campañas!!

Campaña de información e captación de fondos

Recordámosvos que esta fin de semana estaremos realizando unha campaña de información e captación de fondos nos seguintes puntos da cidade: Día 1 de xuño: – Edificio Novos Ministerios (de 9:00 a 14:00) – Rúa Barcelona (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00) – Zona Obelisco (de 10:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00)     Día 2 de xuño:   – Centro Comercial Alcampo (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00)   – Centro Comercial Cuatro Caminos (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00)   – Centro Comercial Marineda City (de 10:00 a 14:00 ede 16:00 a 20:00)   Esperamos vervos a todxs!