XUNTA DIRECTIVA

COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

A asociación está xestionada e representada pola Xunta Directiva, formada polos/as seguintes membros:

PRESIDENTE

Francisco Javier Mouriño Grandío

Co obxectivo de aportar a súa longa experiencia no eido do movemento asociativo comeza a formar parte da Xunta Directiva de GRUMICO no ano 2013 como vicepresidente alcanzando no 2014 a presidencia da entidade, tras a fundación e dirección anteriormente de GRUMICO Sociedade Deportiva dende 2007 ata 2015. Tamén durante os anos 2004-2005 estivo ao frente da dirección de ASMICA (Asociación de minusválidos de Cambre).

No ano 2016 comeza a súa andadura noutro proxecto profesional como xerente do Centro Especial de Emprego I- LAB.

Da súa formación académica destacar o Ciclo Superior en Proxectos de instalacións térmicas e de fluidos e a súa paixón polos animais, tendo obtido o título de adestrador canino.

VICEPRESIDENTA

Rosalía López Sánchez

Co obxectivo de canalizar a súa experiencia persoal así como profesional comeza a formar parte da Xunta Directiva de GRUMICO no ano 2014, involucrándose no movemento asociativo tamén como vogal da Xunta Directiva de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) ese mismo ano. No 2015 comezou a súa andadura en COGAMI (Confederación galega de Persoas con Discapacidade) representando a ACADAR na súa comisión sociosanitaria e dende o mes de maio do 2019 pasa a formar parte da súa Xunta Directiva de COGAMI como vogal.

Especialista universitaria en Captación de fondos para ONG (UNED, 2018), Doutora en Xerontoloxía (Sobresaíente “Cum laude”) (UDC, 2015), Mestrado Oficial en Xerontoloxía (UDC,2009), Experta en Fisioterapia Neurolóxica (UDC,2005), Experta en Xerontoloxía Clínica (UDC,2002), Diplomada en Fisioterapia (UDC, 2001).

Desenvolveu a súa carreira profesional cómo Coordinadora da área de rehabilitación física do Complexo Xerontolóxico “La Milagrosa” (2001-2012) e como membro do GIG (Grupo de investigación en Xerontoloxía da UDC, 2002-2017) participando en numerosos proxectos de caracter autonómico, nacional e internacional.

SECRETARIO

Ángel Caamaño Cernadas

Co obxectivo de canalizar a súa experiencia persoal e profesional comezou a formar parte do movemento asociativo como Presidente de GRUMICO SD (GRUMICO SOCIEDADE DEPORTIVA) no ano 2015 e como vogal de GRUMICO no ano 2017 pasando a ostentar o cargo de secretario no ano 2018.

Paralelamente á súa implicación con estas entidades sen ánimo de lucro, desenvolve a súa actividade profesional como xoieiro artesán en I- LAB Centro Especial de Emprego.

TESOUREIRO

Jorge García Bernedo

Afiliado á ONCE dende o ano 1999, comenzou a implicarse dun xeito más activo no movemento asociativo no ano 2018 como vogal de GRUMICO. Na actualidade e dende o ano 2018 ostenta o cargo de tesoureiro de GRUMICO.
Licenciado en Dereito pola UDC.
Traballou no Centro Especial de Emprego PICNOTIC exercendo tareas administrativas e de orientación  laboral e tamén en ASINFOR ASESORÍA como administrativo.
VOGAL

Martina Paz Paz

Comenza a implicarse no movemento asociativo no ano 2014 como vogal da Xunta Directiva de GRUMICO, logo pasaría a exercer ata o ano 2018 o cargo de tesoureira da asociación. Na actualidade ostenta o cargo de vogal.

Diplomada en Ciencias Empresariais e Licenciada en ADE.

Desenvolve a súa actividade profesional como administrativa-contable nun almacén de ferretería.

VOGAL 

María del Rosario Prado Seoane

Comenzou a implicarse dun xeito más activo no movemento asociativo no ano 2018 como vogal de GRUMICO.

Licenciada en Historia da arte, adicou gran parte da súa vida ao traballo como asesora comercial en Telefónica.

VOGAL

Faustino Emilio Martínez Ramos

É membro da Xunta Directiva de GRUMICO exercendo como vogal dende 2017, así mesmo realiza colaboracións voluntarias na entidade  impartindo obradoiros de artesanía e reciclaxe.

Con mais de 30 anos de experiencia, desenvolveu a súa carreira profesional no ámbito da montaxe e soldadura, realizando durante 15 anos tarefas de encargado xeral e responsable de obra.

VOGAL

David Rivera García

Carpinteiro de profesión, comezou a involucrarse dun xeito máis activo no movemento asociativo, aproveitando tamén a súa experiencia persoal, como tesoureiro de ASMICA e tamén como secretario da entidade GRUMICO SOCIEDADE DEPORTIVA. Na actualidade ostenta o cargo de vogal en GRUMICO.

VOGAL 

Plácido López García

Comezou a súa andadura no movemento asociativo como vogal de GRUMICO SOCIEDADE DEPORTIVA , na actualidade e dende maio do 2019 ostenta o cargo de vogal na Xunta Directiva de GRUMICO.

Traballou para COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) como empleado de Kiosko. Despois de rematar o curso de xoiería impartido por GRUMICO comezou a traballar como xoieiro artesán en I-LAB Centro Especial de Empleo, onde continúa na actualidade.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies