XUNTA DIRECTIVA

COMPOSICIÓN DA XUNTA DIRECTIVA

A asociación está xestionada e representada pola Xunta Directiva, formada polos/as seguintes membros:

PRESIDENTE

Francisco Javier Mouriño Grandío

Co obxectivo de aportar a súa longa experiencia no eido do movemento asociativo comeza a formar parte da xunta directiva de GRUMICO no ano 2013 como vicepresidente alcanzando no 2014 a presidencia da entidade, tras a fundación e dirección anteriormente de GRUMICO Sociedade Deportiva dende 2007 ata 2015. Tamén durante os anos 2004-2005 estivo ao frente da dirección de ASMICA (Asociación de minusválidos de Cambre).

No ano 2016 comeza a súa andadura noutro proxecto profesional como xerente do Centro Especial de Emprego I- LAB.

Da súa formación académica destacar o Ciclo Superior en Proxectos de instalacións térmicas e de fluidos e a súa pasión polos animais, tendo obtido o título de adestrador canino.

VICEPRESIDENTA

Rosalía López Sánchez

Co obxectivo de canalizar a súa experiencia persoal así como profesional comeza a formar parte da Xunta Directiva de GRUMICO no ano 2014, involucrándose no movemento asociativo tamén como vogal da Xunta Directiva de ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia).

Especialista universitaria en Captación de fondos para ONG (UNED, 2018), Doutora en Xerontoloxía (Sobresaíente “ Cum laude”) (UDC, 2015), Mestrado Oficial en Xerontoloxía (UDC,2009), Experta en Fisioterapia Neurolóxica (UDC,2005), Experta en Xerontoloxía Clínica (udc,2002), Diplomada en Fisioterapia (UDC, 2001).

Desenvolveu a súa carreira profesional cómo Coordinadora da área de rehabilitación física do Complexo Xerontolóxico “La Milagrosa” e como membro do GIG (Grupo de investigación en Xerontoloxía da UDC).

SECRETARIO

Francisco Javier Castro García

Co obxectivo de prestar a súa colaboración dende a motivación persoal, comeza a formar parte da Xunta Directiva de GRUMICO no 2014, inicialmente como tesoureiro e na actualidade como secretario.

Técnico en prevención de riscos laborais. Con mais de 30 anos de experiencia, desenvolveu a súa actividade profesional no sector industrial, inicialmente como técnico de montaxe e posteriormente como técnico de prevención de riscos laborais.

TESOUREIRA

Martina Paz Paz

Ostenta o cargo de tesoureira na Xunta Directiva de GRUMICO.

Diplomada en Ciencias Empresariais e Licenciada en ADE.

Desenvolve a súa actividade profesional dende fai 5 anos como administrativa-contable nun almacén de ferretería.

VOGAL 

Ángel Caamaño Cernadas

Co obxectivo de canalizar a súa experiencia persoal e profesional comezou a formar parte do movemento asociativo como Presidente de GRUMICO S.D. ( GRUMICO, Sociedade Deportiva): no ano 2015 e como vogal de GRUMICO no ano 2017.

Paralelamente á súa implicación con estas entidades sen ánimo de lucro, desenvolve a súa actividade profesional como operario do obradoiro de xoiería en I- LAB Centro Especial de Emprego.

VOGAL

Faustino Emilio Martínez Ramos

É membro da Xunta Directiva dende 2017, así mesmo realiza colaboracións voluntarias na entidade  impartindo obradoiros de artesanía e reciclaxe.

Con mais de 30 anos de experiencia, desenvolveu a súa carreira profesional no ámbito da montaxe e soldadura, realizando durante 15 anos tarefas de encargado xeral e responsable de obra.

VOGAL

Genaro Daniel Soto Martínez

Colabora dende hai mais de 30 anos con entidades do ámbito asociativo. Membro da Xunta Directiva de GRUMICO dende 1999, realizando tarefas de secretario, tesoureiro e vogal.

Especialista en carpintería e ebanistería.

VOGAL 

Alberto Vicente

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize