FAITE VOLUNTARIO/A

 

POR QUE FACERTE VOLUNTARIO/A?

Pensaches algunha vez en realizar tarefas de voluntariado e non saber como nin onde?

GRUMICO como entidade de acción voluntaria, rexistrada como tal na Xunta de Galiza, ofréceche a posibilidade de axudar de diferentes formas, adaptadas ao teu interese e dispoñibilidade, a través dos seguintes programas:

-Programa de “acompañamento social e transporte adaptado”.

-Programa “o valor da túa experiencia”. Para a nosa entidade será moi importante todo aquelo que poidas aportar dende a túa experiencia profesional ou persoal. Concretamente precisamos especial apoio en aspectos relacionados coa comunicación, redes sociais, deseño gráfico, fotografía e produción de materiais audiovisuais.

Poderás solicitar o teu certificado no momento que o desexes.

A través destes programas de voluntariado pretendemos involucrar as persoas que así o desexen no noso proxecto social. Todos e todas tedes moito que aportar.

Esperámoste!

COMO FACERTE VOLUNTARIO/A?

Contacta con nós:

-Sen compromiso algún poderás solicitar unha cita informativa co departamento de traballo social.

-Correo electrónico: trabajosocial@grumico.com

-Teléfono: 981135151.

-Local social: C/ Rafael Alberti, nº10, baixo, A Coruña (zona fonte das Paxariñas).

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies