GRUMICO realiza Obradoiro de Educación Emocional

O vindeiro sábado 28 de xullo, realizaráse en GRUMICO a última sesión do Obradoiro de Educación Emocional antes das vacacións, pechamos o Bloque de Conciencia Emocional con novos conceptos que nos axudarán a entender cómo se desenvolve o noso mundo emocional.
 
Trataremos a expresión das emocións, imprescindible para comunicarnos e predecir a conduta dos demáis. Ubicaremos as emocións que xa coñecemos en un mapa que nos permita comprender quén somos e cómo interactuamos.
 
Para seguir co retrato do que sucede no noso interior, destacaremos o poder da nosa mente emocional sobre a racional. Reflexionaremos acerca de cómo o desenvolvemento da nosa máis poderosa ferramenta, o noso cerebro, inflúe nas nosas emocións e no comportamento human.
 
Anímate a participar! Esperámosvos a todxs no Obradoiro e aproveitamos para desexarvos unhas felices vacacións!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize