Gracias por axudar a Grumico!

Estamos moi contenxs de comunicarvos que a Campaña de Captación de Fondos “Temos  2 días” foi todo un éxito e que acadamos o obxectivo proposto.

Non queremos deixar pasar a oportunidade de agradecer a todas aquelas persoas que ofreceron o seu tempo, as súas ganas e os seus ánimos para poder facer isto posible, tanto a traballadores/as como socios/as, voluntarios/as, amigos/as e familiares. Gracias a todos e todas vós non só poderemos mellorar os servizos prestados por Grumico, senon tamén  mellorar as condicións de vida das persoas con discapacidade.

Durante estes dous días, tivemos o pracer de dar a coñecer a nosa asociación e darlle visibilidade na sociedade coruñesa da man das persoas que formades parte dela.

Esta asociación e tanto nosa coma vosa e queremos facervos partícipes do éxito que conleva tanto esforzo, demostrando a vosa implicación por esta causa na procura dun mundo máis xusto e igualitario para as persoas con discapacidade.

Gracias de todo corazón, esperamos volver contar con vós en próximas campañas!!

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize