GABINETE DE ACCESIBILIDADE (G.A.)

 

Dende o Gabinete de accesibilidade proporcionámosche información, orientación e asesoramento en relación a Accesibilidade Universal. Así mesmo, realizamos accións de concienciación e sensibilización relacionadas con esta materia.

QUEN PODE ACCEDER?

-A nivel particular aquelas persoas asociadas a GRUMICO.

-Para unha información inicial, calquera persoa física ou xurídica.

QUE OFRECE?

-Accións de concienciación e formación en materia de accesibilidade.

-Información e asesoramento en materia de accesibilidade.

Asesoramento aos técnicos/as de entidades públicas ou privadas en relación a espazos, bens e/ou servizos en materia de accesibilidade.

Titorización e seguimento de reclamacións en materia de accesibilidade, exclusivamente a socios/as.

Emisión de denuncias ante a administración por motivo de irregularidades no cumprimento da normativa vixente e en materia de accesibilidade, tanto no ámbito público como no privado.

O equipo de traballo está constituído polo equipo de traballo social, a psicóloga e o representante do Gabinete de accesibilidade, arquitecto voluntario e socio da entidade, Francisco Carreira Roca, cuxa dobre visión da realidade aporta un valor engadido. Así mesmo representa á nosa entidade como coordinador do GAC (Grupo de Acceso Coruña) no que participan diferentes entidades do Concello de A Coruña, asesorando ao persoal técnico e a representantes políticos do Concello de A Coruña en materia de Accesibilidade Universal.

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize