FISIOTERAPIA

A fisioterapia contribúe a mellorar a túa calidade de vida, así como a túa funcionalidade e independencia.

QUEN PODE ACCEDER?

Para acceder ao servizo terán preferencia aquelas persoas asociadas e os seus familiares.

POR QUE ELEXIRNOS?

A calidade do noso servizo de Fisioterapia reside nos seguintes aspectos:

-Un plan de tratamento totalmente personalizado que constará dunha valoración inicial, plantexamento dos obxectivos, elaboración do plan de tratamento, seguimento e avaliación continua.

Sesións individualizadas de 45 minutos, con un coste reducido (parte do servizo está subvencionado).

-Dispoñemos de instalacións amplas e accesibles, o ximnasio está dotado dun completo material de rehabilitación.

-Servizo de transporte adaptado para entidades e persoas asociadas que teñan dificultades na súa mobilidade.

Profesional: Diana Maritza Cruz Chimbi. Diplomada en Fisioterapia (Universidade Manuela Beltrán, Colombia, 1999); Experta en Terapia Manipulativa Articular (Universidade de A Coruña 2004); Experta en Fisioterapia Neurolóxica (Universidade de A Coruña, 2008) e con mais de 15 anos de experiencia no ámbito da discapacidade física.

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize