Día do deporte na rúa

O pasado domingo compartimos unha estupenda xornada deportiva na XXXI Edición do deporta na rúa e na praia, convidando as persoas participantes a desfrutar do tenis de mesa e do boxeo, actividades enmarcadas no proxecto deporte solidario coa colaboración da Fundación Emalcsa. Agradecer inmensamente a betseru e o fabuloso equipo da Escola Azteca Box que nos acompañarán neste proxecto e tamén unha especial mención a Marta Brañas, gracias Marta pola túa colaboración e dispoñibilidade foi un auténtico pracer e orgullo para nós terte como monitora neste día. Un luxo compañeirxs desfutar do deporte ao voso lado!! GRACIAS a todas as persoas participantes na XXXI Edición do deporte na rúa e na praia, foi un pracer compartir unha xornada deportiva na que brillou a inclusión e o deporte. Gracias tamén ao equipo de tenis de mesa do Clube Grumico Sociedad Deportiva pola vosa colaboración. Somos e sumamos!! 🙂

«Educando na diversidade»

Finalizamos as nosas actividades de concienciación “Educando na diversidade” no Concello de Curtis Moitas gracias a todas aquelas persoas que o fixestes posible. En especial ao Concello de Curtis, ao persoal docente dos Colexios de Curtis e Teixeiro e por suposto aos rapaces e situs gacor  participantes. A vosa infinita curiosidade e alegría fan que calquera esforzo mereza a pena. Estamos encantadas de compartir con vós coñecementos, inquietudes e risas. Esperamos que por medio da educación dos homes e mulleres do futuro fagamos un mundo máis xusto e igualitario. Até a próxima!