Actividade «Ponte no meu lugar»como celebración da semana da mobilidade

O pasado venres 21 de setembro, como celebración da semana da mobilidade, GRUMICO participou nas actividades organizadas pola Concellería de Mobilidade Sostible. Xunto con outras entidades do eido da discapacidade, como ONCE e ACOPROS, abrimos un espazo na rúa para ofrecer información e realizar actividades de sensibilización relacionadas coa accesibilidade universal. Daniel Díaz, Concelleiro de Mobilidade e Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade e Diversidade, participaron na actividade de ponte no meu lugar realizando un percorrido polas beiraruas, pasos de peóns e locais comerciais da zona da Rúa Compostela e Plaza de Lugo.

GRUMICO co Proxecto ENKI 2018

O pasado venres a Vicepresidenta de GRUMICO, Rosalía López, acudiu á presentación do Proxecto ENKI 2018, celebrada no Concello de A Coruña. Este ano Persoas asociadas e voluntarias da nosa entidade participarán na V edición da Carreira ENKI 2018. ¡Pola inclusión, sumando esforzos para acadar un novo récord de participación!