Cultura y Entretenimiento

51 entradas

DIVERSIDARTE

Festival das Artes 2017 pola inclusión e a diversidade Do 3 ao 17 de Novembro GRUMICO volta a participar neste festival das artes expoñendo as pezas de xoiaría feitas á man polos alumnos/as da Escola de xoiaría e expoñendo tamén os cadros pintados á man polos alumnos/as do taller de pintura, no local de hostelería Miss Maruja (Rúa Zalaeta, 20- A Coruña). Cada unha das fermosas pezas levadas a exposición é única e conta tras de sí cunha historia de traballo e de loita pola igualdade de oportunidades. Non o dubidedes e achegadevos a contemplala exposición!

OBRADOIRO DE FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA

O próximo luns 16 de outubro  e ata o 18 de decembro en horario de 17:00-19:00, comezamos un Novo Obradorio de FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA, na sede social de GRUMICO.   Infórmate no correo trabajosocial@grumico.com ou ben no teléfono 981.13.51.51 Date présa aínda quedan plazas dispoñibles!