O pasado domingo compartimos unha estupenda xornada deportiva na XXXI Edición do deporta na rúa e na praia, convidando as persoas participantes a desfrutar do tenis de mesa e do boxeo, actividades enmarcadas no proxecto deporte solidario coa colaboración da Fundación Emalcsa. Agradecer inmensamente a Luis Suárez Santos e o fabuloso equipo da Escola Azteca Box que nos acompañarán neste proxecto e tamén unha especial mención a Marta Brañas, gracias Marta pola túa colaboración e dispoñibilidade foi un auténtico pracer e orgullo para nós terte como monitora neste día. Un luxo compañeirxs desfutar do deporte ao voso lado!!
GRACIAS a todas as persoas participantes na XXXI Edición do deporte na rúa e na praia, foi un pracer compartir unha xornada deportiva na que brillou a inclusión e o deporte. Gracias tamén ao equipo de tenis de mesa do Clube Grumico Sociedad Deportiva pola vosa colaboración.
Somos e sumamos!! 🙂