APOIO PSICOLÓXICO

Mediante este servizo pretendemos proporcionarche apoio emocional, tanto individual como en grupo, nun espazo íntimo e acolledor para afrontar con confianza e respecto todo o que che afecta e te frea no teu día a día.

É un elemento clave na atención integral das persoas con discapacidade e persoas do seu entorno.

QUEN PODE ACCEDER?

Para acceder ao servizo terán preferencia aquelas persoas asociadas e os seus familiares.

QUE OFRECE?

Un espazo terapéutico no que acoller as dificultades mediante un acompañamento personalizado e sen xuízos. Aprendendo os recursos necesarios para transformar os obstáculos en oportunidades de aprendizaxe mediante:

Sesións individuais para as persoas asociadas e os seus familiares.

Obradoiros: Xestión e expresión emocional, afrontamento do estrés, habilidades sociais.

Grupo de apoio: espazo para compartir emocións e experiencias.

Profesional: Lucía Merelas Maroño, nº colexiada: G.5403. Licenciada en Psicoloxía (Universidade de Santiago de Compostela, 2013), Mestrado en Psicoloxía do Traballo e as organización, Xurídico-Forense e Intervención Social (Universidade de Santiago de Compostela, 2014), Curso de Especialista en Mediación e Resolución de Conflitos (Universidade de Vigo,  2015).

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize