Actividade “Ponte no meu lugar”como celebración da semana da mobilidade

O pasado venres 21 de setembro, como celebración da semana da mobilidade, GRUMICO participou nas actividades organizadas pola Concellería de Mobilidade Sostible.

Xunto con outras entidades do eido da discapacidade, como ONCE e ACOPROS, abrimos un espazo na rúa para ofrecer información e realizar actividades de sensibilización relacionadas coa accesibilidade universal.

Daniel Díaz, Concelleiro de Mobilidade e Rocío Fraga, Concelleira de Igualdade e Diversidade, participaron na actividade de ponte no meu lugar realizando un percorrido polas beiraruas, pasos de peóns e locais comerciais da zona da Rúa Compostela e Plaza de Lugo.





Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize