ENTIDADES AMIGAS

 

Dende GRUMICO consideramos que é moi importante coñecer todos os recursos que existen na nosa comunidade, aproveitando sinerxías , anudando esforzos e traballando para fortalecer o tecido asociativo. Para elo colaboramos con diferentes entidades da nosa comunidade:

-Somos entidade membro de COGAMI Confederación Galega de Persoas con Discapacidade* http://www.cogami.gal/dende 2014. O seu obxectivo e conseguir a plena inclusión das persoas con discapacidade en todos os ámbitos da sociedade, a través da defensa e a promoción do seus dereitos, da reivindicación do cambio social, da potenciación do asociacionismo e da prestación de servizos.

Convenios de colaboración con diferentes entidades do ámbito da discapacidade cos que pretendemos promover o máximo aproveitamento dos servizos profesionais e das actividades que se ofrecen en cada unha delas:

  • ASEM Galicia, Asociación Galega contra as enfermidadesneuromusculares*http://www.asemgalicia.com/. O seu obxectivo principal é a promoción de toda clase de accións e información destinadas a mellorar a situación das persoas afectadas por enfermidades neuromusculares, as súas familias e o entorno social.
  • Liga Reumatolóxica Galega*https://www.ligareumatoloxicagalega.es/. Ten entre as súas finalidades a sensibilización acerca da importancia dos reumatismo, para favorecer a investigación sobre as causas deste tipo de patoloxías e sobre novos tratamentos para combatelas.
  • ADACECO, Asociación de dano cerebral de A Coruña*http://www.adaceco.org/. Ten como obxectivo principal o coidado, asistencia, protección e integración social das persoas afectadas de dano cerebral adquirido, así como a acollida, orientación e formación aos seus familiares.

 

Compromiso de colaboración en diferentes proxectos con entidades do ámbito cultural, a través da Convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación EMALCSA:

 

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies
Font Resize